Dando os últimos detalles!
Boas noites! Comezamos a derradeira semana de clase!
A semana pasada demos por finalizado o proceso de creación de material didáctico. Como vos comunicamos fai uns días, os recursos que utilizamos para elaboralos e presentalos nun primeiro momento foron as plataformas de Educaplay, Kahoot! e Google Sites. O que non vos dixemos foi que tiñamos en mente algunha que outra alternativa máis...
Debido ás limitacións que atopamos en Educaplay (desde onde elaboramos a meirande parte dos exercicios propostos) optamos pola utilización dun último recurso: Ardora. Este programa concedeunos unha maior flexibilidade que Educaplay en certos aspectos: introdución de sons e imaxes, inclusión de máis dun exercicio da mesma tipoloxía no mesmo material...
Grazas a Ardora poidemos elaborar o material que tiñamos deseñado previamente en papel: oracións con ocos nos que se propuxeran diferentes palabras posibles para completalas. Pola contra, Educaplay ofrecíanos dous formatos que non se axustaban ás nosas expectativas: un texto enteiro con ocos e unha serie de palabras á marxe do mesmo para completalo ou o mesmo texto sen pistas para resolvelo.
Agora que finalizamos a primeira parte da actividade 3 da materia, procederemos a completar a guía didáctica da mesma, na cal explicaremos o porqué de todos os recursos elaborados. Ata entonces, vémonos!
Ánimo para este último empuxón!
A semana pasada demos por finalizado o proceso de creación de material didáctico. Como vos comunicamos fai uns días, os recursos que utilizamos para elaboralos e presentalos nun primeiro momento foron as plataformas de Educaplay, Kahoot! e Google Sites. O que non vos dixemos foi que tiñamos en mente algunha que outra alternativa máis...
Debido ás limitacións que atopamos en Educaplay (desde onde elaboramos a meirande parte dos exercicios propostos) optamos pola utilización dun último recurso: Ardora. Este programa concedeunos unha maior flexibilidade que Educaplay en certos aspectos: introdución de sons e imaxes, inclusión de máis dun exercicio da mesma tipoloxía no mesmo material...
Agora que finalizamos a primeira parte da actividade 3 da materia, procederemos a completar a guía didáctica da mesma, na cal explicaremos o porqué de todos os recursos elaborados. Ata entonces, vémonos!
Ánimo para este último empuxón!
Comentarios
Publicar un comentario