A aventura está a piques de comezar...

Boas tardes! Como andades?

Esta semana reunímonos as tres compoñentes do grupo para avaliar as diferentes propostas de actividades que preparáramos e xa temos unha idea do que vai ser o noso deseño de material para traballar as paisaxes de España. Sabiades que España é un dos lugares máis ricos de Europa en canto a paisaxes?

Hoxe, sábado, xa comezamos co proceso de deseño das actividades. Polo de agora estamos a utilizar a plataforma de Educaplay para elaborar o material (actividades de relacionar, mapas interactivos...). Aquí vos deixamos unha captura do proceso de elaboración dun mapa interactivo para traballar o relevo español.


Ademais, tamén empregamos a plataforma Kahoot! onde deseñamos unha serie de cuestións para unha avaliación inicial do alumnado en canto a conceptos de xeografía española. 


Por último, dicirvos que todo o que estamos a deseñar vai ser almacenado e colgado nunha páxina web de Google Sites que estamos a deseñar e que poderedes ver o día da exposición!


Que teñades unha boa finde!
Vémonos pronto!

Comentarios

Entradas populares